29/12/09

O duro camiño cara a especialización

É evidente que a infografía, como o xornalismo en xeral, precisa dunha especialización para poder chegar a todas as audiencias do mellor xeito posible. Aínda así, e como ben indica Xaquín, a especialización aínda está moi lonxe de chegar, tanto nun campo coma noutro.
Actualmente estamos a asistir á decadencia do xornalismo de calidade, onde as presas e o pouco tempo que os xornalistas teñen para producir a información é cada vez máis escaso. Pola contra, podemos ver como a infografía está en alza, xa que o avance das tecnoloxías está permitindo realizar cousas que antes nin se imaxinaban.
Aínda así, vemos como a medida que se estende a infografía, ó mesmo tempo vai quedando sen historias que contar, ou limítase a contar historias triviais, porque o público ao que vai dirixido non está formado por expertos, polo que as informacións deben ser o máis divulgativas posibles. Para iso se necesita a especialización.
Pero, obviamente, é aí onde radica o problema. O ideal sería que a infografía acadara un nivel de especialidade, lograda seguramente por xornalistas especializados. E chegar así a infográficos no que non só destacaran o aspecto visual, senón tamén o aspecto informativo, onde cada peza abarcase todas as áreas do coñecemento e puideran chegar, deste modo, mellor a todas as audiencias posibles.
A mellor forma de chegar a ese punto sería a combinación do traballo dos dous profesionais. Onde o xornalista especializado, que a fin de contas é o produtor da información e o encargado de contar historias, traballase xunto co deseñador gráfico para poder obter o mellor produto posible. Porén, observamos como na maioría de redaccións son os propios xornalistas os que tamén teñen competencias no deseño e tamén ó contrario, son os infografistas os encargados de crear historias.
Todo isto vai en consoancia co que dicíamos ao principio, as presas e a priorización da rapidez antes que da calidade sempre son os inimigos da especialización e na maior parte dos casos, do xornalismo de calidade. Polo tanto, e tendo en conta a situación actual do xornalismo, debemos ir paso a paso para primeiro chegar a contar con xornalistas especializados, para despois poder chegar a unha especialización correcta da infografía.

2 comentarios:

  1. moi darcordo coa túa valoración..ogallá as redaccións dos xornais non estiveran tan compartimentadas e fomentasen o traballo en equipo! de seguro que melloraría a calidade do resultado final

    ResponderEliminar
  2. é certo que o poder desenvolver un traballo en equipo significaría unha maior calidade para calquera producto que se difunda.
    E tamén é certo que o día a día, no deixa máis que diagramas e mapas que moitas veces non teñen consistencia, non teñen os datos apropiados e acaba sendo simples motivos ilustrativos.
    O cambio no ámbito da infogra´fia é a necesidade de buscar,definir e desenvolver, por parte do xornalista, un relato visual... contar historias na que se conxuguen distintas linguaxes require certas destrezas imprescindibles para que a información funcione.
    marotlo

    ResponderEliminar