29/10/09

Más extraño que la ficción

O filme proposto resultou ser, ademais ca unha pequena mostra dos amplísimos ámbitos de aplicación das técnicas infográficas, unha chamada ao estudo das formas de narrar e desenvolver unha historia.
O fío argumental está protagonizado por un insólito indivíduo enfrascado nun limitadísimo número de sensacións diarias marcadas pola monotonía e a repetición enfermiza dun xogo de costumes similares a un rito. A simbolización do funcionamento do seu cerebro a través de sinxelas figuras infograficas é un dos recursos que mellor caracterizan ao protagonista e a súa extraña forma de vida, en principio, marcada unicamente polo seu "libre" albedrío.


A ruptura que orixina o conflito, o nó da historia é unha das claves da película, cunha voz sen cara, unha vida monótona que se vai volver totalmente imprevisíbel e cun protagonista só en total abstracción do mundo que o rodea.

De toda o filme destacaría a relación psiquiátrico-literaria entre o protagonista e o experto literario Jules Hilbert , protagonizado por Dustin Hoffman (e na miña opinión, pobremente dobrado ao español); a profundidade de cada unha das personaxes, especialmente a de Ana Pascal, toda unha nube de contrariedades que ben merecía outra voz en "off".

En conxunto, a anguria existencial está repartida en pequenas e distintas doses en cada unha das personaxes, cousa que non impide que a historia resulte unha comedia cun humor con tintes intelixentes e sarcásticos que a distancia de calquera xénero. A breve historia de amor, os momentos de silencio provocados por Harold (o seu rostro xenérico semella carecer de expresión) e a escena da tenda de guitarras (toda unha tese sobre o ser humano e a súa tendencia a esconderse baixo un obxecto que o represente e/ou substitúa en escasos 2 minutos) deixan a película nun privilexiado lugar e como un forte precedente no que ao uso de elementos infográficos se refire.

David Canto Veiga

14/10/09

Clase do 13/10

Ben. A clase de, aínda que teórica, foi eminentemente práctica. A proposta de elaborar un borrador para a noticia sobre o Concurso (de cortadores de xamón), o Concurso por antonomasia, deu lugar a que xurdiran os debates infográfico-existenciais. Que destacamos?; Que ignoramos?; Complementamos a información? Substituímola?

Para ter unha proba a final de cuadrimestre sobre o que aprendimos, imos facer un exercicio ben pouco xornalístico: botar a lingua a pacer un pouco sen saber se se está acertado, nin tan sequera se existe unha versión acertada. A miña:

Xa que tratamos o tema da infografía interactiva (do cal temos un exemplo na anterior entrada), creo (Sr. Negro)que debe substituír a informacións, xa que a infografía interactiva permite engadir contidos de todo tipo sen que o conxunto visual resulte sobrecargado. Pola contra, no resto de casos, como se viu onte, as opcións encamíñanse maioritariamente á complementación da información, intentando simplificar ao máximo a presentación, algo que casa perfectamente coas premisas que impón o deseño e maquetación dos xornais que lemos habitualmente na nosa contorna.

7/10/09

Atentos!

Para saber de que vai ir isto, por favor, pinchade na imaxe.

Ola mundo!

Esta é unha entrada de creación automática. O administrador do blog non se fai responsabe do contido final.