21/1/10

A crise económica aféctalle máis aos traballadores ca ás traballadoras



Así o sinala a última Esquisa de Poboación Activa. Dende o II trimestre do 2008, dúas de cada tres persoas que perden o seu emprego foron homes.

O canon dixital move ó ano mais de 100 millóns de euros



As sociedades de xestión dos dereitos de autor españolas reciben un importe que se estima que é o recaudado polo Estado en concepto de canon dixital.Un exemplo, máis de 19 millóns proveñen só da venda de CDs virxes.

Europa comeza a saír da crise



Algunhas das grandes potencias económicas da UE, como Francia e Alemaña, teñen xa taxas positivas de crecemento do PIB. Pola contra, semella que a outros países, coma España e o Reino Unido aínda lles levará uns trimestres.