Para ter unha proba a final de cuadrimestre sobre o que aprendimos, imos facer un exercicio ben pouco xornalístico: botar a lingua a pacer un pouco sen saber se se está acertado, nin tan sequera se existe unha versión acertada. A miña:
Xa que tratamos o tema da infografía interactiva (do cal temos un exemplo na anterior entrada), creo (Sr. Negro)que debe substituír a informacións, xa que a infografía interactiva permite engadir contidos de todo tipo sen que o conxunto visual resulte sobrecargado. Pola contra, no resto de casos, como se viu onte, as opcións encamíñanse maioritariamente á complementación da información, intentando simplificar ao máximo a presentación, algo que casa perfectamente coas premisas que impón o deseño e maquetación dos xornais que lemos habitualmente na nosa contorna.
Por favor poderiades poñer os comentarios como anónimos, sen máis. Deixar un comentario con tantos pasos é algo complexo.
ResponderEliminar