Este infográfico (na sua versom completa) viria a amosar qual é a coxuntura económica da UE. O indicador empregado para a análise é o Produto Interior Bruto, que é suma de todos os bens e serviçons producidos por um país dentro das suas fronteiras durante um periodo determinado.
A minha ideia é aglutinar os datos, do mesmo jeito que no exemplo que adjuntei, de vários estados da Unión Europeia, assim como os datos da Uniom Monetária (cujos estados fam parte dum acordo polo que unificam os seus critérios de mediçom de magnitudes macroeconómicas e se exigem uns valores ótimos entre os que devem atopar-se as suas respectivas economias). Escolheria 3 estados que se atopem em recessom económica (por exemplo, Espanha e o Reino Unido) e outros tres que levantarom o vóo depois da crise (Itália e Alemanha seriam dous dos exemplos).
Hipótese que pretendo demonstrar: As economias em porcentagens negativas na sua evoluçom do PIB iram freando a caida e marcando umha tendência idéntica à que seguirom os estados que já deixarom atrás a crise.
David Canto Veiga
- ¿que función informativa representa o mapa do estado español?
ResponderEliminar- na táboa debería aparecer unha fila onde especificasemolos anos que engloban os trimestes, máis que nada para facilitar a lectura da mesma e así non ter que incluir no título o espazo temporal. ó fin e o cabo, os títulos poderían ser máis expresivos e contundentes. Estamos traballando con información e o título sempre xoga como un punto de referencia e de anclaxe.
- e o diagrama de febre non entendo ben que fan os anos en metade do gráfico. Un diagrama de febre e lineal mostra a evolución de cantidades ó longo dun periodo de tempo. Neste caso da a sensación, ou aló menos é o meu punto de vista, que son os anos os que evolucionan e as magnitudes quedan adscritas ó eixo vertical. Non sei, non parece excesivamente claro.
marotlo
Segundo os meus datos, teño constancia dos seguintes borradores de infográfico:
ResponderEliminar- de David, queixo e crise económica.
- de manuel, ningún.
- de Jorge, queixo e paro
- de Julia, queixo, paro, canon e crise económica.
- Non sei onde está a exposición. non atopei o enderezo onde poder consultala.
- non vexo a reflexión sobre a infografía e a especialización.
- non vexo unha participación frecuente nen no blog nen no do resto dos compañeiros.
marotlo.
E por suposto tampouco hai unha reflexión sobre o cartel do curso de flash.
ResponderEliminare os prazos esgótanse
marotlo
como xa sabedes, podedesvos preinscribir no taller de flash que comeza o 11 de xaneiro. So tendes que enviar un correo electrónico a sergotero2001@yahoo.es.
ResponderEliminarmarotlo
A especialiazación na infografía require un escupuloso rigor no tratametno da información pola necesidade de mediación entre os potadores do saber e as audiencias non especializadas, seguno Xaquín.
ResponderEliminar¿cales serían as ferrametnas que utiliza o infografista especializado?
marotlo