5/11/09

Crear o teu camiño

En “Más estraño que la ficción”, o director confronta dúas das posturas que máis se veñen debatendo no último século. Hai un destino que fai que a nosa vida estea escrita, ou pola contra, somos nós os que escribimos a nosa propia vida coas accións que realizamos. Para conseguilo, o director emprega un fío narrativo moi orixinal no que a escritora fai representa o papel de demiúrgo que escribe o destino do personaxe principal, sen que el o sepa.
O personaxe principal resulta a perfecta metáfora do destino escrito (un axente de facenda, como noutras ocasións foron representadas personaxes semellantes en axentes de seguros, peritos, etc.) personaxes que levan unha vida totalmente rutineira e que non fan nada fora do normal.
É na representación desta rutina, onde a infografía cobra un papel importante, pois nas accións que ‘o longo dos días repite Harold Crik, aparecen sobreimpresionadas con liñas e cifras as cousas que el está facendo ou vai facer.
O momento que cambia o devir da película, prodúcese no momento no que Harold comeza a escoitar o que pensa o seu “destino” (a escritora). Entón comeza unha busca incansable por intentar remediar o seu destino, no que acaba morrendo. Para iso recorre a un escritor que na película cumpre un papel moi orixinal de “psicólogo”, que lle da pistas sobre o que debe facer. A busca de Harold preséntase case coma unha aventura heroica, onde o personaxe inicia unha busca para encontrarse de fronte co seu destino (a escritora), o que representa unha gran metáfora.
Unha vez a encontra, momento estraño se pensamos que o personaxe dunha novela preséntase na casa da súa escritora, a historia fai reflexionar a escritora e prodúcelle un cambio de opinión, que se debe entender como que o personaxe conseguiu darse conta a tempo para tomar o control da súa propia vida, para non deixala en mans do destino.

Jorge Lema Pombo

1 comentario:

  1. Twitter es un servicio gratuito de microblogging que permite a sus usuarios enviar micro-entradas basadas en texto, denominadas "tweets", de una longitud máxima de 140 caracteres.

    Decidimos incorporar esta herramienta a nuestro blogger, ya que, a través de ella, podremos ir enviando enlaces interesantes sobre webs relacionadas con infografía que vayamos encontrando. El primer módulo de la derecha, bajo el epígrafe “Nuestras últimas noticias en Twitter” mostrará las micro-entradas que vayamos haciendo a lo largo de la semana.

    Si queréis comentar alguna de ellas, podéis dejarnos un comentario, además de sugerir ideas. Os animamos a que utilicéis esta herramienta, en la que podéis encontrar perfiles interesantes de otros infografistas y periódicos internacionales.


    Carolina

    ResponderEliminar